
ESCÁPATE AOS ENTROIDOS DE OURENSE. PURO CARNAVAL.
Agora estás máis preto que nunca dos Entroidos de Ourense. Para isto deseñamos un produto Escapadas que che permitirá organizar a viaxe á túa medida.
Este ano, a celebración do Entroido terá lugar entre o 24 de xaneiro e o 28 de febreiro do 2010 e, aínda que nestas datas terán lugar os actos máis representativos, algunhas poboacións retrotraen os seus inicios ao pimeiro día do ano novo, e outras alóngano ata o mes de abril.
De xeito que contas con moitas poisbilidades para preparar a túa escapada perfecta. A que esperas? Todo está previsto para que leves unha experiencia inesquecible. Aquí ofrecémosche actividade, desprazamentos e aloxamento nos mellores hoteis de Ourense. Se che gusta o relax, poderás combinalo coas terapias termais dos nosos establecementos. Si o que prefires é combinar o Entroido cunha experiencia rural, ofrecémosche aloxamento en casas rurais con encanto, e nos lugares máis insólitos da provincia.
Xa tes á túa disposición a guía-catálogo. Poderás acceder a ela nesta mesma páxina picando, desde a opción desscargar archivo en PDF. Nela atoparás o produto Escápate aos Entroidos de Ourense e a información precisa para coñecer e vivir a festa carnavaleira a fondo.
Se queres recibir a guía no teu domicilio, solicítaa no seguinte enderezo de correo electrónico: entroidosdeourense@itcmensula.com
Non o perdas e ven con nosotr@s. A conta atrás xa comezou.
Descárgate tamén o programa e as rutas do Entroido bus

|